Cartografías urbanas

A Rede está permitindo que persoas de distintos territorios compartan proxectos comúns, quen susbcribe esta columna fixo a súa achega económica a un estudio en marcha para coñecer cómo transformáronse nove cidades españolas e cómo interactuaban as resistencias veciñais fronte á especulación, a organización do transporte, do turismo, as grandes áreas comerciais ou incluso sobre as medidas de control contra a propia poboación por parte das Institucións. 
Fálolles dun proxecto editorial chamado “Cartografía da cidade capitalista”. Un traballo a desenvolver nos vindeiros meses, unha vez rematado o primeiro paso que é o da súa financiación a través de doazóns “on line”, que finalmente superou as espectativas económicas nun coarenta por cento. Para quen poida ter interese, pode pasarse pola páxina existente para autofinanciar proxectos sociais en rede da Fundación Goteo, baixo o sistema do “crowdfunding”.

Cartografías urbanas

Te puede interesar