CAMBIO DE RUMBO

Quedan tres días para saber cal é a decisión da cidadanía –e cal a capacidade de mobilización dos partidos– sobre o futuro do país. Hai sensación de cambio de época. A fin definitiva do ciclo político saído da Transición e a búsqueda dun novo rumbo, necesario para unha saída progresista da crise económica e social e, así, apuntalar un futuro que hoxe apreséntasenos incerto para a maioría da xente común. As redes sociais marcaron a axenda mediática e parece que adiantan un sistema multipartidista máis equilibrado. Mais, a nova política non acaba de nacer. Unha nova dereita, “Cidadáns”, que carece de complexos e un Podemos, que abandona o discurso supraclasista e abónase ó de Anguita do “sorparso”. Como vai ser a renovación do PP? Mentres Pedro Sánchez, Besteiro, Cancela e Mato abren as ventás dun partido socialista atacado por todos os demais, porque supoñen un cambio real.
Nota de redacción.- En el artículo del mismo autor publicado el pasado 10 de diciembre dice al empezar: “O PPSOE...”, cuando debería decir: “O PSOE...”

CAMBIO DE RUMBO

Te puede interesar