“Bon seny” catalán

Era sabido que Cataluña non é o problema, nin a súa pluralidade. O problema son aqueles que pretenden agochar os seus recortes e a corrupción dos seus partidos. De aí que os grandes perdedores do 27S sexan Rajoy e Mas, que quedan seriamente desautorizados.
ERC terá que decidir se vai seguir sendo muleta dunha CDC sen Pujol, acosta de seguir alimentando ao independentismo de esquerdas da CUP. Veremos como moitos do PP vanse pasar ás filas dos Cidadáns de Albert Rivera. Este último e a CUP, son voto “rupturista” que afogan a un Podemos que nada aporta a Iniciativa.
A polarización de Cataluña provoca unha ruptura pola metade. De aí a importancia da proposta integradora e federalista do PSC. Non só aguantan, senón que os seus electores respaldan o seu catalanismo e a un Pedro Sánchez sen tutelas. Éxito de Iceta e, se mo permiten, de Ferrán Pedret.
 

“Bon seny” catalán

Te puede interesar