Aposta ferrolá

Mariano vai camiño de obter a presidencia novamente salvado polo “sorpasso”, queda claro que hai unha maioría de centro dereita no Congreso. Algunhas carracas quedan mudas, “xa se pode pactar” co nacionalismo vasco e catalán, a da España que se rompe enmudece. Mentres, a de Podemos láiase tan ofuscada que non sabe que Mariano, que tanto lle debe, gañou as últimas xerais, seguen a facer oposición ao PSOE. A marea ameaza chapapote, o capitán Pablo Manuel encallou o barco para ir a ningures.
A carraca da gran coalición tamén queda muda. O Partido Socialista queda libre. Del dependerá aglutinar á esquerda e configurar a alternativa á dereita. Proposta programática contra o neoliberalismo que recorta benestar e dereitos. Pero tamén fonda renovación e proposta para Galicia e Ferrol. As autonómicas galegas están xa aquí, a cidade debe ocupar o seu posto no proxecto socialista e no deseño da nova Galicia. Apostar por Ferrol é apostar pola comarca, polo país e polo PSdeG.

Aposta ferrolá

Te puede interesar