• Sábado, 29 de Abril de 2017

Somos as nosas contradiccións. Aí está a viaxe do Sexto Felipe para intentar pechar definitivamente

Somos as nosas contradiccións. Aí está a viaxe do Sexto Felipe para intentar pechar definitivamente o contrato das cinco novas corbetas, que Navantia ten proxectado para Arabia Saudí. Tivemos que esperar a que tanto alí como aquí as augas políticas acougaran un pouco. Pero lembran a que se montou o ano pasado en Ferrol? Feito aproveitado pola dereita local para poñer en solfa ao bigoberno. Acaban de darlle outra oportunidade. 
O grupo parlamentario de Yolanda Díaz –tanto Podemos como IU– critica a visita do Rei cos mesmos argumentos que censuramos a Beatriz Sestayo cando abandonou o pleno de febreiro. Estaría de acordo con aquelo que din os de Iglesias e Garzón, que non podemos estar supeditados a un país como o saudí. Iso conleva un aumento dos investimentos en Defensa (moito máis alá da renovación dos nosos estaleiros). Pero, estarán de acordo co “aumento do gasto militar”?