Camiño inglés por Cabanas. Actividade de alto risco

 día 7 deste mes, cando voltaba cara a Pontedeume pola N-651 á altura de Laraxe, no concello de Cabanas, comecei a ver peregrinos á beira da estrada que non sabían cara onde ir. Baixo do meu coche e fágolles as indicacións para que sigan polo camiño de sempre. Subo no meu coche e uns quilómetros máis adiante, á altura da estrada que leva ao campo de fútbol, vexo atravesar a estrada –que neste punto é de moita intensidade de tráfico e con tres carrís de circulación– a un grupo de dez ou doce persoas e penso que están perdidos. Fíxome ben e vexo que alí hai un indicador novo do Camiño de Santiago. Isto xa enche o vaso da miña paciencia. Facer atravesar a estrada nacional aos peregrinos é mirar pola súa integridade ou é un cachondeo ou tomadura de pelo?
Póñome de camiño á casa do concello de Cabanas para explicarlle o sucedido a algunha persoa responsable –por alí vexo baixar a outro grupo de camiñantes que teñen que voltar a atravesar a estrada que vai cara ao concello da Capela–. Indícanme a oficina do alcalde. Explícolle o sucedido e a súa resposta remata dicindo que esa é cousa de Patrimonio e despáchame tan tranquilo.
Un día despois verifico que uns peregrinos van polo novo e perigoso camiño e outros polo camiño de sempre, seguindo as frechas amarelas xa que os indicadores de pedra foron arrincados.
En mans de que lucidas (non lúcidas por suposto) persoas están estas cuestións?
Agardarán a que pase algo, oxallá que non, para pensar que esta nova ruta é moi perigosa?
Isto é inadmisible, co tranquliños que ían os peregrinos, baixando cara á praia da Magdalena.
A praia é un valor que ten o concello de Cabanas pero debe ser de ínfima importancia xa que agora os camiñantes transitan pola estrada xeral, poñendo en risco a súa vida, incorporándose xa á ponte que os levará a Pontedeume.
Impresentable, inconcebible e esperemos que non teñamos que dicir lamentable cando haxa algún accidente.
 

Camiño inglés por Cabanas. Actividade de alto risco

Te puede interesar