Susceptibles

En días pasados lin nos xornais que  a asociación de ‘Abogados Cristianos’ ameazaba con presentar unha nova querela contra Bora Casillas, Drag Sethlas, por supostas ofensas contra los sentimientos religiosos. Como é máis que coñecido, esa asociación cristiá presentara o ano pasado unha primeira denuncia -arquivada xa por dúas veces- despois de que na Gala de Drag Queen do carnaval de Las Palmas resultase gañador o espectáculo protagonizado polo citado Drag Sethlas, que se presentara travestido de virxe María e de Xesús crucificado. Confeso que non vin ese espectáculo, mais desta volta, vista a insistencia da citada asociación, procurei na internet o deste ano, motivo de novas ameazas. Drag Sethlas despediuse do seu ano de reinado cun número inspirado na Última Cea de Leonardo da Vinci, que, debo dicir, que me pareceu do máis correcto en todos os sentidos. E se non digo excelente é porque non é o tipo de actuacións que máis me atraian, nin moito menos. O que vin foi unha interpretación artística dun episodio supostamente histórico que ten servido de inspiración de moitas outras expresións, a pictórica de Leonardo, sen ir máis lonxe. O resto son ganas de enredar.
 

Susceptibles

Te puede interesar