• Sábado, 29 de Abril de 2017

Toda sabiduria, toda perfección, toda filosofía, consiste en la práctica de estos axiomas en nuestra propia organización: Consérvate, instrúyete, instruye a los demás, modérate, vive para tus semejantes a fin de que ellos vivan para ti”. 
 

Toda sabiduria, toda perfección, toda filosofía, consiste en la práctica de estos axiomas en nuestra propia organización: Consérvate, instrúyete, instruye a los demás, modérate, vive para tus semejantes a fin de que ellos vivan para ti”. 
Son verbas de Constantino Francisco Chasseboeuf (1757-1820) máis coñecido por o conde de Volney tiradas da introdución a súa obra Las ruinas de Palmira. Mesmo semellan premonitorias para nós á vista da situación actual na nosa casa porque algo así é o que estamos a facer, eu e as miñas fillas, dende o dous de decembro pasado, data na que Eva, a miña muller, sufriu un accidente vascular, seica debido a unha subida de tensión. 
Dende entón as eivas multiplícanse, cada día xurde un problema novo, mesmo parece que o demo maior do inferno houbera entrado na casa e tomado posesión dela. Anque non creo, nin moito nin pouco nestas cousas, estou a piques de chamar a meu bo amigo e paisano Xaquín de Roca, actual crego de Mandiá, para que veña a botarnos uns exorcismos en latín ou mesmo un enxebre arrenégote demo en galego. 
O problema é que hai algún tempo que a igrexa católica dixo que o demo e o inferno non existían o que me xera unha grande dúbida porque, ¿a quen lle botamos agora a culpa das desgracias que nos aflixen acotío? Eu penso que o único inferno que existe é o que temos aquí na terra, non hai máis que ler os xornais tódolos días, o que fai lembrar unha vez máis as verbas do gran Curros Enriquez, mirando ao chan. Xente que sufre tódolos males que espallou polo mundo a caixa que abriu Pandora desobedecendo, segundo a mitoloxía grega, o mandato do todopoderoso Zeus, o pai de tódolos deuse e dos homes. Seica que contra eses males so nos queda a esperanza que é o último que saíu da caixa. E por riba unha boa dose de paciencia, engado eu.
Aproveito este apunte para agradecer todas as chamadas que recibimos acotío interesándose polo estado de Eva. Ela, pouco a pouco vai mellorando.
Moitas gracias a todos.