CORRUPCIÓN

Leo nun xornal as declaracións de varios expertos sobre a corrupción e o xeito de combatela. Ao fío das súas opinións velaquí unhas reflexións feitas a rentes da rúa:
Non é doado rematar coa corrupción neste país noso. Esta eiva existe dende hai moitos anos, atrévome a dicir que os seus orixes hai que buscalos mesmo no descubrimento e conquista  de América.
A novela picaresca, celebrado xénero literario xenuinamente español, fala con desenfado, duns personaxes que viven ao marxe da lei, fuxindo do traballo como primeiro sinal de identidade.
O traballo, aínda hoxe, é considerado neste país como un castigo divino: “ganarás el pan con el sudor de tu frente” (Genesis Capitulo 3, Versículo 19). En contra da opinión dalgún destes expertos teño que dicir que si estamos afeitos á corrupción en todas as súas formas que son moitas. Vou máis lonxe, neste . país onde goberna o nepotismo, as recomendacións e o tráfico de influencias, don diñeiro, veña de onde veña, tápao todo e fai mirar para outro lado cando convén, ¿ ou é que todas as corrupcións que se están a descubrir agora, non se coñecen dende sempre ? Equivocase tamén o que di que non é un problema de valores. Son precisamente os valores éticos e morais os únicos que poden acabar con esta lacra.
Si estou de acordo con que é o momento adecuado para adoitar medidas, porque o país xa non pode aturar máis corrupción. Para elo hai un longo camiño por diante que empeza na casa, segue na escola e remata nas leis.
Roubar é pecado, non só porque o prohibe un dos dez mandamentos senón porque é un delicto contra a sociedade. Tolerancia cero, sobre todo contra os grandes delincuentes, eses que escudados nos seus cargos públicos recorren a artificios para eludir as leis, eses mesmos que nos levaron á situación actual.
Precisamos urxentemente dun cambio de mentalidade e isto é cousa de xeracións. Mentres tanto non hai outro remedio que aplicar as leis, de capitán a paxe, sen excepcións, ¡ninguén está por riba das leis! Sr. Rajoy, dura lex sed lex, e non abonda con pedir perdón.

 

CORRUPCIÓN

Te puede interesar