O Brexit

Vivimos uns tempos que nos teñen nun sin vivir, ao borde do ataque de nervios. Xa entrado o verán, a piques de comenzar as vacacións, estes tres acontecementos tivéronnos en vilo estes últimos días de xuño. Cóntoos por orde cronolóxica:
O Brexit o día de san Xoán, a saída da pérfida Albión da UE cunhas consecuencias desastrosas para a economía, baixada xeneralizada das bolsas en toda Europa, do euro que xa está ao nivel do dólar, e outras desgracias máis ou menos previsibles que poden acabar coa unión europea se se produce o efecto dominó que xa anuncian algúns agoireiros. O martes 27 tivo lugar unha xuntanza en Bruxelas con asistencia de tódolos socios, co gallo da reconstrución, onde os representantes ingleses foron abouxados, exixíndolles o presidente unha retirada “as soon as posible”.” Bye bye England”
Imperou a cordura, as eleccións do 26J gañounas o PP. Ao meu xuízo foi o mellor que puido pasar. O país non está para aventuras senón para que todos apuntemos na mesma dirección na procura de solucións aos problemas presentes, que non son poucos, e futuros. Agora toca deixar gobernar ao PP, non pode ser doutro xeito con esa diferencia abismal de cincuenta e dous escanos con respecto ao segundo mais botado. Os outros, os que non gañaron, a facer unha oposición forte, dura e xusta pero nobre, que tamén é un xeito de gobernar pensando, por riba dos partidos, no país e na xente. Todo para o pobo que xa expresou a súa vontade nas urnas, non hai outro camiño. Fagamos da política unha nobre ocupación, o que non é hoxe en día.
O luns 27 a selección española, a Roxa, deunos outro desgusto. Non estivo a altura na Eurocopa, despois dun comenzo pouco afortunado acabou sendo eliminada por Italia en oitavos de final, con todo merecemento, así hai que recoñecelo. Vin o partido eu só na casa e gustoume a posta en escena mesmo o colorido azul e roxo de ambas afeccións animando aos seus equipos, e aquí ven o comentario: Á hora da interpretación dos himnos, os italianos, xogadores e corenta mil seareiros, corearon o seu cantando afervoados a súa letra, cousa que soe pasar coa maioría das seleccións. O noso himno, como é sabido, non ten letra, o que en ocasións como esta botase de menos, e eu boteina en falta onte unha vez máis. Cantar xuntos en familia, entre amigos e en moitas ocasións transcendentes é algo moi fermoso e unificador.
Por iso penso que a Eurocopa vaina gañar Francia gracias, en gran parte, á forza que da a maxestática Marsellesa, cantada unanimemente polo país enteiro.

O Brexit

Te puede interesar