Praza de España

Días atrás asistimos a un dos debates supostamente máis intrascendentes do mandato: o relativo ao cambio de nome da Praza de España. Pese a súa “vanalidade” moitos non dubidaron en considerar a proposta de sectaria. Medios estatais fixéronse eco dela e recorreron incluso as descalificacións para censurar unha mudanza da que non se pode nin falar.
Que este cambio se tivese producido noutros concellos e aquí atope tanta belixerancia evidencia que seguen a existir tabús nunha Cidade con tantas dependencias do Estado. E que unha decisión de competencia municipal se atope de fronte con toda a resistencia do status quo estatal demostra que a cuestión é máis importante do que afirman.
Quizais o que nos deberiamos preguntar é como imos ser capaces de reivindicar que o Estado asuma o custes das obras de saneamento, que pague impostos como pagamos os demais ou que derrube unha muralla que nos separa do mar cando temos tantas reticencias a cambiar o nome dunha praza que leva o dese estado e foi imposto por un ditador.

Praza de España

Te puede interesar