Navantia 4.0

Navantia ten denunciado aos traballadores das auxiliares por facer unha folga legal e lexítima tras 16 anos soportando en silencio o incumprimento do acordado en 2001.

Que traballen 14 horas, que uns cobren máis que outros polo mesmo traballo ou a destrución de 4.000 empregos nos últimos anos por decisións da mesma Navantia pouco lle importa.

E o problema xa non é Navantia senón a dirección política dunha cidade que debería ser quen denunciase a Navantia por impoñer un veto aos estaleiros galegos, por baleirar as gradas de Bazán e Astano, por seguir aplicando un veto sobre estes estaleiros a pesar do suposto levantamento, por reducir os prezos cos que subcontrata, por introducir transnacionais para facer traballos que deberían desenvolver empresas da comarca, por pretender unha suposta modernización do estaleiro provocando máis recheos na ría, redución do plantel e confinamento ao sector militar ou por levar anos soportando mentiras como os anuncios de gaseiros, petroleiros ou contratos como os de Arabia Saudí. E por certo, a sede fiscal de Navantia está en Madrid aínda que Ferrol non pediu a independencia.

Navantia 4.0

Te puede interesar