Ferrol Nadie

É obsceno que dúas organizacións que onte asumían o goberno da Cidade hoxe se despecen pactando co PP. Tanto como a colaboración do PP que provocará que a Cidade deambule como un polo descabezado nos próximos anos. Un PP que levou a Ferrol aos límites do austericidio económico, que nos hipotecou con taxas de saneamento, convenios con Defensa e prórrogas de contratos e que malvendeu os servizos municipais que puido mentres subía os impostos. Aínda así, contará co maior nivel de representatividade nas comisións informativas que tivo nunca grazas a FeC e disporá, grazas ao PSOE de 5 dedicacións para facer traballo de oposición, 2 máis que o Goberno para dirixir a Cidade. Curioso sentido da xustiza dos populares que gobernaron con 8 e asignaron 3 para toda a oposición. En definitiva, o PP segue condicionando o futuro de Ferrol actuando como o Goberno na sombra pero sen a responsabilidade de dar a cara. E a pesar de que isto non é máis que un berro no deserto eu, como Juan Nadie, protesto.

Ferrol Nadie

Te puede interesar