Ferrol da Humanidade

Levamos décadas a voltas coa candidatura de Ferrol Patrimonio da Humanidade sen unha explicación de por que esta candidatura aínda non foi presentada ante a UNESCO.
Por falla de unanimidade dentro da corporación ferrolá non foi, que ten aprobado mocións e mocións con este obxectivo.
Pero a realidade é que tras 12 anos ninguén nos explica por que a comisión xestora da candidatura segue sen constituírse sendo unha condición obrigatoria para a súa presentación ante o Ministerio de Cultura. Por que a Xunta non ten presentado a candidatura ante o Mº de Cultura ou por que o Estado propietario da maioría dos inmobles non colabora no proxecto e se escuda en que a Xunta non lle presenta nada para lavarse as mans e non elevar a proposta ante a UNESCO mentres fai e desfai con todo ese patrimonio ao seu antollo.
E despois de gastar inxentes cantidades de diñeiro, incluso en propaganda inútil dunha candidatura inexistente a través do fútbol ferrolán se nos quere convencer de que o problema radica na falla de unión entre os políticos locais?

Ferrol da Humanidade

Te puede interesar