Fausto

Que o PP se atope en fase de rexeneración electoral despois de producir as leis máis agresivas coas persoas das últimas décadas, de defender os intereses dos oligopolios do Estado e de mostrar ao vivo a crúa faciana da corrupción deste sistema non é sinxelo nin casual. O primeiro paso para acadar isto foi que non existise un goberno alternativo ao PP nas eleccións do 20D. O segundo e actual consiste en, a pesar do lastre da corrupción e a belixerancia coa xente, normalizar a súa situación mediante pactos que o lexitiman en aras da gobernabilidade tanto a nivel estatal como local. E o terceiro sería a súa consolidación como alternativa política única con satélites diversos ao seu redor que achegarán tintes de cor a unha democracia que vai camiño de equipararse aos réximes de partido único que tanto censuramos. Para evitar isto deberiamos ter en conta que a arrogancia de Fausto foi crer que podía controlar ao demo mentres desfrutaba do éxito, mais como sabemos morreu despezado
 

Fausto

Te puede interesar