Contracorrente

Se a vosa lei di que hai que poñer unha taxa para depurar pero que depurar implica separar fecais e pluviais e que non se produzan vertidos directos na ría porque dicides que a taxa é obrigatoria?
Se o principio da directiva europea que rexe a imposición da taxa é “ Quen contamina paga”, porque temos que pagar por depurar augas de chuvia e de mananciais sen contaminar?
Se nin a depuradora nin os interceptores son nosos e non tedes contrato de xestión porque non exixides ao Mº de Fomento e á Xunta donos da infraestrutura que a poñan a funcionar?
Se estades de acordo en impoñer a taxa porque non o facedes?
Se o camiño é a xestión pública porque aumentades o negocio da parte privada entregándolle a depuradora a Emafesa e lle pagades as débedas sen asumir o control como se fose o rescate dos bancos? 
E se realmente queredes sanear a ría porque non denunciades o acceso Sur do tren ao Porto exterior, porque non exixides a limpeza dos fondos, a supresión do peirao carboeiro e o engano das bateas artificiais? 
 

Contracorrente

Te puede interesar