Cheira a “azufre”

ai respecto da taxa de saneamento moitas preguntas ás que ninguén ten interese en dar resposta, o cal debería levar a preguntarnos o porqué.
Por que o PP fixo cargar aos ferroláns en 2014 cunha depuradora sen acta de recepción e sen comprobar o seu funcionamento?
Por que cando en 2015 FeC e PSOE afirmaron que Emafesa nos cobrou por un servizo inexistente non lle retiraron a xestión da infraestrutura?
Por que cando en 2016 caducou a concesión que asinara o PP para facerse cargo da EDAR FeC non lla devolveu á Xunta e permitiu que Emafesa a seguise xestionando?
Por que en 2017 FeC pactou co PP facerse cargo de novo da EDAR excluíndo a Narón?
Por que entón o PP non quere recuperar a taxa que eles elaboraron en 2014?
Por que se FeC, PP, PSOE e C´s están de acordo en impoñer a taxa por depurar auga de chuvia, pagar as obras e sanear Emafesa non o fan?
Moitos por que, poucas respostas e mentiras confortables que ocultan verdades incómodas con olor a xofre.

Cheira a “azufre”

Te puede interesar