• Martes, 24 de Octubre de 2017

Apostatar en Ferrol

Pasado os días confírmase que é máis fácil apostatar que que este goberno anule o convenio con Defensa.

Pasado os días confírmase que é máis fácil apostatar que que este goberno anule o convenio con Defensa. E despois de 27 anos a voltas cun convenio que nunca se fará efectivo deberiamos comezar a facernos algunhas preguntas. 
Precisa Ferrol aumentar o seu patrimonio cando posúe innumerables edificios sen uso e deteriorados, a comezar polas 1000 vivendas en propiedade de Recimil? 
Non deberían as administracións responsables, neste caso o Estado, asumir o compromiso de conservación das propiedades que teñen na Cidade e no caso de entregarllas aos ferroláns facelo nun estado que permita a súa funcionalidade? Xa sen entrar no feito de ter que pagar por elas.
Por que o goberno non exixe ao Estado que pague os impostos que ten que pagar e que manteña as propiedades que posúe do mesmo modo que fai cos particulares e insiste en manter vivo un convenio que o Alcalde de quenda emprega como escusa para que isto non aconteza? E por último se o convenio está caducado, porque o goberno non o anula e inicia outro camiño no canto de insistir na súa enésima modificación?