Sanidade xeral

nha pésima xestión do sistema de saúde pública

nha pésima xestión do sistema de saúde pública fai que, ano tras ano, en período estival os doentes acaben nos corredores do servizo de urxencias á espera de atención ou dunha cama. É difícil entender por que nun organismo no que se traballa a quendas se reducen ou paralizan durante a fin de semana ou vacacións determinadas seccións. O custo económico e humano é brutal. Que un enfermo teña que esperar hospitalizado toda a fin de semana ou períodos máis longos para que lle realicen unha proba é incomprensible. E que ninguén aduza que é para respectar o dereito dos traballadores ao descanso. Se así fose, había moito tempo que as gardas de urxencias de  24 ou 32 horas tiñan sido suprimidas -máxime nunha profesión na que un erro pode carrexar consecuencias irreparables- e contrataríanse substitutos para cubrir as vacacións dos médicos de atención primaria en vez de cargar os compañeiros cos pacientes dos que están de descanso vacacional. A sanidade privada? Peor.