Salarios

n país onde algúns alcaldes de concellos pequenos cobran máis que un docente está abocado ao fracaso. E non quero con isto dicir que sexa o político o que teña que cobrar menos, senón que os profesores e outros funcionarios con grande responsabilidade e formación, por non falar dos investigadores, terían que ter unha remuneración acorde coa súa preparación e o seu labor. Mais ano tras ano, o soldo dos primeiros perde poder adquisitivo e o mundo científico vive da explotación dos bolseiros. Sen falar do salario mínimo e das pensións. 
Noutros ámbitos, os emolumentos son outros. A televisiva Belén Esteban, sen apenas estudos, percibía ata hai pouco 60.000 euros ao mes, ou iso din. E se llos pagaban era porque xeraba grandes beneficios. Agora, talvez sendo outra a situación, a empresa opta por unha rebaixa salarial e a “princesa do pobo” presiona ausentándose do seu posto un par de semanas. Olé os seus ovarios! Algúns traballadores, con máis razón, deberiamos defender as nosas condicións laborais co mesmo ímpeto.
 

Salarios

Te puede interesar