Plurilingüísmo

luribach é a denominación dun novo bacharelato que pretende potenciar a preparación nunha determinada lingua estranxeira, de aí que non se entenda moi ben o de “pluri”. Aínda menos, que se aspire a ter persoas competentes en varias linguas establecendo estudos deste tipo nunha etapa de ensino superior non obrigatorio, en vez de facelo en infantil e, por suposto, sen modificar políticas fallidas que están posibilitando que Galicia perda un dos seus idiomas. Pero aquí todo é posible, mesmo chegar a plurilingüe –que se emprega para quen domina varias linguas– sen antes ser bilingüe. Basta con renunciar ó idioma dos proxenitores ou, no caso de ser descendente de castelán falantes, empeñarse insistentemente en non aprender a lingua propia da comunidade. 
Para isto soe haber axudas de institucións e de docentes. Hai mesmo quen é capaz de conseguir non entendela. Por último, aprender algo da lingua do imperialismo comercial.  E..., voilà, disque xa un é plurilingüe.
 

Plurilingüísmo

Te puede interesar