Menopausa

 estrea en España de 50 primaveras -filme francés que aborda o ‘drama’ da menopausa- tróuxome á mente o libro da escritora nicaraguana, Gioconda Belli, El intenso calor de la luna. A protagonista desta obra descobre que nesa nova etapa da súa vida pode desfrutar libremente do seu corpo e da súa sexualidade. Tanto o libro, publicado en 2014, como a película que acaba de estrearse veñen sendo un fiel e triste reflexo do pensamento da sociedade e claro indicador do pouco que evolucionamos en determinados aspectos. As mulleres seguimos a ser valoradas pola nosa capacidade reprodutiva. Confeso que me sorprendeu a primeira vez que fun consciente do problema que supoñía para moitas mulleres a desaparición da menstruación, mesmo para aquelas que nunca quixeran ter fillos ou que xa os tiñan, xa que na miña casa sempre mo venderon como unha liberación. Aínda non vin a película, pero recoméndolles o libro a todas aquelas mulleres que viven con medos inoculados non sei moi ben con que fin. E aos homes, por suposto.

Menopausa

Te puede interesar