Luis Piedrahita

O pasado venres asistín ó espectáculo do humorísta Luis Piedrahita en Narón e disfrutei especialmente do aproveitamento que fixo, para o propio monólogo, do atraso dalgúns espectadores. O fin non era outro que a denuncia dun mal que vén sendo común nos últimos tempos: chegar tarde a calquera acto.  Como grande creador de palabras que é, seguro que xa ten inventado unha para este fenómeno, aínda que a descoñezo. Este verán podemos botar man de dous significantes creados por el para uns significados que estaban orfos: Tourturismo, que é a viaxe da que se regresa agotado e desfeito  pero coa esperanza de repetir o verán seguinte. Suicidio estival. E Ipaz -léase hai paz-, dispositivo electrónico que se entrega aos nenos para que deixen de dar a tabarra. Mordaza infantil socialmente aceptada. Tamén cumpriría unha palabra para designar as persoas que torturan os demais cos sons dos seus móbiles, ben sexan de teclado, de avisos de whatsapp, de vídeos, ben da música infernal de xogos infantís. Xa non se fabrican cascos?
 

Luis Piedrahita

Te puede interesar