Hosteleiros

Quéixase o sector hosteleiro español de que non atopa traballadores, nin sequera pouco cualificados, para a campaña de verán. Calquera diría que somos o país cunha das taxas de desemprego máis elevadas. Talvez, algo teñan que ver os soldos misérrimos e as xornadas interminables. E se ben é certo que moitas veces o beneficio do empresario non permite grandes alegrías, noutros casos quérese gañar no verán, a conta dos traballadores temporais, o que non se fixo en todo o ano. Nalgunhas zonas turísticas, especialmente Ibiza, das máis afectadas polo problema, o asunto agrávase porque o prezo dos alugueiros e superior ós salarios. É dicir, que ir traballar alí durante o período estival custa diñeiro. Entendo entón que o problema non é encontrar traballadores cualificados, senón dispostos a perder cartos. Onte mesmo escoitaba nun bar que os empregados dunha empresa ferrolá reciben 40€ de dietas por día cando os mandan fóra de Galicia. Xa me gustaría a min ver os patróns durmir e comer tres veces ó día con esa contía.
 

Hosteleiros

Te puede interesar