• Domingo, 25 de Septiembre de 2016

Alcaldes galegos

Os alcaldes galegos do PPdeG, o resto non nos importa

Os alcaldes galegos do PPdeG, o resto non nos importa, teñen un problema ideolóxico que deberían de tratarse e facerse mirar. Os veciños recoñecen o traballo ben feito e adoitan premialo elección tras elección até o acomodamento fai que o rexedor comece a actuar como Deus na terra.
Isto sucede cada tres lexislaturas en condicións normais independentemente que o mandamáis sexa dun partido ou outro, pero aos populares pódelles o sectarismo e cren que todos os seus votantes son castelán parlantes, que defenden o castelenismo, que son antiabortistas, que apoian os pelotazos, que miran para outro lado cando ven un sobre con diñeiro, que defenden o capitalismo a ultranza e un longo etcétera do manual, que non ideario, madrileño.
E é que algúns alcaldes metéronse onde non deberían e dedicáronse a facer política allea e non mirar para os cidadáns, que son quen vive baixo o seu mandato.