De usos e fusos

Un asunto destes días é o famoso cambio horario. O noso presidente Feijóo di que el non é portugués nin balear para andar con horarios distintos ao de Madrid, como se os lusos optasen pola diferencia temporal para non coincidir coa pérfida Castela. Iso é confundir a xeografía coa política. En Galicia tampouco somos alemáns e o huso horario establecido actualmente é o de Greenwich e non o antigo de San Fernando, en Cádiz, que nos sitúa case unha hora, ou dúas, en desfase co astro rei, que loce até as 23.00 horas algúns días do ano. Todo tan natural que os que se dedican ao botellón teñen que comezar case de madrugada para non ser vistos. Non sei eu se nos EEUU estarían por ter o horario de Florida de este a oeste. Tampouco hai fusos na cronometaxe do movemento da Terra, iso é cousa de coser e canta, por exemplo. Mentres tanto, haberá que ir afacendo o estómago aos cambios, que non costará tanto pola teima que hai a comer a xantar na merenda.

De usos e fusos

Te puede interesar