Tradicións normais

Neste mundo das tatuaxes habería que someter a un curso de cultura xeral galaica aos deseñadores de debuxos para que se deixen de importar monicacos das antípodas, porque aquí temos de todo, desde esvásticas celtas até simboloxía máxica, pero para que callen entre os aborixes haberá que agardar a que veñan de alén do Atlántico. Das nosas tradicións só quedará nos séculos futuros o medo á santa compaña, porque o resto irá desaparecendo como o caldo de castañas da época ou as sobremesas de “melocotón en almíbar”.
Que tempos aqueles nos que ninguén se atrevía a saír de noite en defuntos. Un home comprou un detector de movemento, como os que hai nas entradas das tendas desconfiadas, e instalouno na súa casa para comprobar en broma ou en serio se había fantasmas. O caso é que un día comezou a soar de vez en cando e así seguiu pitanto até que o desconetou.

Tradicións normais

Te puede interesar