Todo son gustos

A imaxinación culinaria dos nosos antepasados era tal que idearon a forma de preparar e comer as espiñas dos bacallau. Non hai moito tempo tiven a ocasión de comer as raspas do peixe como prato de deseño e non era outra confirmación máis da teoría de que o peixe só sabe a limón, se é cocido, e a aceite queimado, se é pasado pola tixola, aínda que canto máis caro, máis suculento.
Aínda quedan seres humanos galaicos que renegan do bacallau e da sardiña, por seren recordos de momentos de necesidade e nin o prezo elevado do pescado vainos facer cambiar. Como acontece co caldo de grelos ou nabizas, que nin os reputados cociñeiros conseguiron elevar do submundo culinario, mentres non se venda caro e haxa quen vaia comelo a Madrid.

Todo son gustos

Te puede interesar