Sanidade

O máis fácil é culpar aos pensionistas de que abusan da sanidade, pero só hai que ir a calquera centro de saúde unha mañá de verán con mal tempo, un día deses que non se pode estar na praia deitado ao sol para comprobar que todos os turistas doutras comunidades están reclamando análises de sangue, ecografías e revisións que non chegan a realizar porque mellora o tempo, pero ocupan praza nas listas de espera. Máis control fai falta. Haberá que botar contas se este estío pasado, de boas temperaturas houbo máis ou menos desplazados atendidos que noutros estíos acuosos.
Cunha poboación envellecida, quen vai ser o que lle estenda una factura a un pensionista galaico por levalo a facer a proba do sintrón ou unha diálese. Se por aquí estamos nos niveis de benestar más baixos do Reino, cando nos cobren por todo estaremos xa caídos rodando pola pendente. Veremos se a recuperación volve á gratuidade dos medicamentos, como o céntimo sanitario.

Sanidade

Te puede interesar