O misterio das festas

Isto das festas que os concellos programan para o verán necesita un estudo polo miúdo ou incluso un congreso multidisciplinar coa presenza de destacados estudosos e feireantes. Atrás quedaron as celebérrimas atraccións de “Lanchitas El Ferrolano. Prohibido ir de pie” e as orquestas monofónicas nas verbenas rurais e urbanas. As cidades case pasaban de realizar festexos até que descubriron que tamén era un niño de votos. Xa quedan lonxe as celebracións de dous ou tres días. Agora todas teñen una semana grande, que vai desde os sete días até o noventa. 
E todas contan coa consabida feira medieval ou a pirata ou festa da escuma. Os amantes das celebracións de verán van ter difícil saber se están en Pontedeume, Ferrol ou Sanxenxo, porque todas son iguais, co mesmo programa o que fai sospeitar que haxa un  think tank  de concelleiros de Cultura que traballan na sombra todo inverno para distraer a galegos e madrileños en época estival.

O misterio das festas

Te puede interesar