Meter distancia

O suposto fracaso do BNG  non resultou tal e o vaticinado reparto de escanos da formación nacionalista quedou en nada, de tal modo que os da Marea se viron descolocados e Leiceaga fixo feliz a Caballero, porque o tan votado alcalde de Vigo fixo ao segundo peor resultado do PSdeG nunhas autonómicas, que non hai que esquecelo, pero o caso da cidade olívica e o de Ferrol son de estudo de doutoramento. Á vista de que Ana Pontón revelouse como unha líder a ter en conta, é tempo de que o BNG marque distancias tanto con socialistas como con mareantes, porque a marca diferenciada é a que dá calidade. Non é difícil aventurar que os instrumentais de Villares teñan máis de un encontronazo e que o PSdeG vai comezar unha travesía moi dura. Un concelleiro que xa estaba de volta en todo dicía que desde o seu posto, en solitario, só podía marcar distancias co resto dos partidos porque se non a súa actividade sería de levantar a man e el prefería torcela.

Meter distancia

Te puede interesar