I’m Spartacus!

ben certo que os políticos actuais non teñen moito fundamento ideolóxico nin respaldo cultural. Moitos naceron xa con anos cando o anuncio aquel do Goberno animando aos rapaces a tomar precaucións nas relacións sexuais. Recoredemos aquel profesor que entraba nunha clase de ximnasia preguntando de quen era un preservativo e todos se levantaron reclamando a súa propiedade, tal como o I’m Spartacus! da celebérrima película de Stanley Kubrick. Agora calquera declara a independencia e marcha para a aburrida Bruxelas, que perdeu a súa vida desde que marcharon de alí os Tercios, deixando aos seus acólitos no cárcere ou berrando polas rúas. Hai que ter valor para asumir as consecuencias de non acatar a lei, que está para cumprila ou derrogala. Polo menos Junqueras non abandonou a súa patria, mentres Puigdemont fixo unha escapada aos antigos territorios da coroa de Castela, onde os reis españois tamén deixaron un conflito sen resolver, como por onde mandaron.

I’m Spartacus!

Te puede interesar