God S(h)ave the Queen

a non recordo cando escoite a canción dos Sex Pistols, pero seguro que foi na Coruña, cando estaba máis preocupado da música que do fantasma da transición e aquelas cousas que se dicían e que sigo sen entender. God Save the Queen fíxome graza porque eu sempre entendín shave e non save e fiquei enamorado do sentido de humor que eran capaces de facer os ingleses, que non os británicos, aínda que un dos integrantes parece ser que era irlandés. Resulta que aqueles eslamiados, guiados polo avispado Malcolm McLaren, daban comezo ao movemento punk, unha especie de ser algo sin ser nada, pero a súa irreverencia gustoume e máis cando un estaba recluído nun penal para rapaces da época chamado internado salesiano. Pronto comecei a vestir un pouco como eles e até puxen un brinquedo na orella os días festivos. O certo é que desde aquela época xa me formei como un rebelde irónico, crítico con todo, pero iso non me levou a embarcarme para alcalde nin concelleiro, ao contrario.

God S(h)ave the Queen

Te puede interesar