Futuros

Que non nos conten mentiras nin lei de dependencia nin estado do benestar. En Galicia é difícil vivir e ter futuro e ningún goberno da Xunta se ocupou diso e resulta moito máis grave cando os que dirixen o noso futuro son fillos daqueles galaicos que marcharon nun tren, viron algo máis de mundo e incluso coñeceron a democracia e os dereitos sociais antes que os nativos.
Hai anos, cando o felipismo xa se asentou no poder e se introduciu polas redes da administración, un rapaz nacido da emigración pasou os días, as semanas e algúns meses de paseo e vagancia á espera de que recibise unha chamada telefónica para darlle o día é hora no que tiña que incorporarse a un posto de traballo pagado por fondos públicos. Tal momento chegou e agora supoño que será feliz cunha prexubilación ou mamandurria, ou máis grave, de político. Este modelo social foi implantado aquí polas primeiras xuntas, incluso chegou a ser unha nova categoría laboral a de estar en espera de colocación. 

Futuros

Te puede interesar