Foi fácil demostralo

Aqueles que se chamaban descontentos co BNG e co que dicían que era un férreo control da UPG, agora andan polas mareas, arrolados polas ondas. Vai ser certo que non eran tan bos, como así o están demostrando nos concellos que gobernan. E que se xuntanron fame e gañas de comer, que vén sendo EU e os díscolos do Bloque. O díficil é saber quen é un ou outro. En todo caso, parece que saíron reforzados os herdeiros do PCE, que se fixeron coa alcaldía ferrolana case en exclusividade, unha vez purgados os elementos contrarios que acompañaban por cuestión de cuotas. Nin Teo era un modelo de municipio nin Santiago merece distinción ninguha despois de tres anos de Martiño Noriega. A Coruña por aí anda baixo o mando de Xulio Ferreiro, que non fai ben, pero tampouco mal. O caso de Ferrol é outra historia, paralela á que ten o municipio desde a chegadas das primeiras eleccións. Xa non son da marea os gobernantes, senón da marusía. Están aí porque alguén ten que estar.

Foi fácil demostralo

Te puede interesar