“Emmanuelle”

Un que é de xeracións máis modernas apenas lembra a chamada transición política do franquismo á democracia. É máis, penso que esa forma autoexculaptoria debería de revisarse. É que visto desde a distancia dos anos aqueles e que agora se apele a aquel espíritu polo asunto de Pedro Sánchez non deixa de ter un chisco de graza. Se calquera actual confía nunha xeración, aquela transitoria, que fixo de película “Emmanuelle” o seu sentido da vida, non podemos por menos que botar as mans á cabeza os que somos doutro tempo. Pensar que esa xente nos gobernou, e quere, seguir da arrepíos. Tamén estremece pensar que o paso do tempo fainos mirar con agrada aqueles anos e recordar a aqueles profesores como santos e simpáticos, cando a maioría eran malos mestres e peores persoas, como recordaba o colega de páxina Xosé María Dobarro. Así que agora volvemos á éxira do filme de Just Jaeckin. é que non aprenden nin a ganchos de esquerda dun cura salesiano.

“Emmanuelle”

Te puede interesar