As compañas

Un ano máis segue vencendo a tradición máis galaica de terlle medo á santa compaña na noite de defuntos, polo menos a mocidade aínda non se disfraza da tenebrosa procesión sobre todo polo medo a quedar integrado nela e ser un alma en pena o resto da vida. Xa se sabe que iso de andar de entroido en día tan sinalado é tentar ao demo e outra cousa e vestir de pallaso e ir a unha macrodiscoteca, como antes se acudía á festa da escuma ou da camiseta mollada, polo que me fai supoñer que isto do Jalopín é unha moda que interesa máis aos grandes almacéns que á sociedade en xeral, polo menos á galega.
Pero aínda así, os nosos docentes deixaron de adestrar nos parvularios aos cativos no magosto e na festa pagá do Samaín pola celebración peliculeira, dando alimento ao consumismo á chavalería que ten que adquirir cabazas, perrucas e outros obxectos decorativos para ir disfrazado o último día antes de defuntos á escola. Non hai como descastar á sociedade desde o berce, moito máis efectiva que a doma.

As compañas

Te puede interesar