O comercio ferrolán

Hai un ano por estas datas, recén chegado á cidade naval, fun a unha axencia ferrolá a pedir que me organizasen unha viaxe. A amable dependenta atendeume co mellor sorriso, aínda que debeu quedar algo trastocada cando lle dixen que a partir de xaneiro calquera destino me servía, sempre que o prezo fose axeitado –para o cal deille un orzamento máis que xeneroso– e que fose antes de xuño. Como non son de perder o tempo, deixeille o meu correo electrónico para que me enviase as súas propostas. Ela ficou encantada e dixo que así daba gusto vender. Doce meses despois, aínda non recibín resposta nin proposta oral ou escrita. Como xa temía isto, aos quince días sen recibir nin unha triste mensaxe, regresei á minha axencia habitual na capital herculina, onde nunha semana xa tiña pasaxe –e todo por email– e en febreiro xa voaba rumbo ao Caribe. Esta foi a miña primeira experiencia co comercio ferrolán despois de tanto oír falar mal del aos propios veciños.

O comercio ferrolán

Te puede interesar