As infestas medievais

rotestaba o ilustre Wenceslao Fernández Flórez pola excesiva presenza de películas estadounidenses durante a ditadura nos cines, e máis tarde na televisión. Esta circunstancia era debida a un anexo ao plan de axuda dos EUA que trouxo Eisenhower na súa visita ao réxime franquista. Moitas xeracións criáronse no que se chamaba cultura americana, de aí que hoxe en día se perdese o referente parisino e se cambiase polos modos do Bronx e as malas copias de barriadas londinenses. Algo parecido vaille pasar ás novas xeracións pola teima dos concellos de faceren festas e feiras medievais descastadas e tan alonxadas do pasado galego, tan glorioso el que xa está esquecido entre aromas de kebab de carneiro ou paella de mouros e cristiáns. Pero a cousa segue coas festas piratas caribeñas, tan ridículas como ver xente disfraza en Entroido de garota de Ipanema. Se Benito Soto e a súa Burla Negra levantase cabeza... o máis seguro é que vise películas made in USA.

As infestas medievais

Te puede interesar