Vulnerables

Só un diputado votou en contra e outro abstívose,o resto,a abrumadora maioría do parlamento ruso aprobou en primeira volta que pegar a unha muller unha vez ao ano non sexa considerado delito.
Máis de 10.000 mulleres morren en Rusia pola violencia machista. Á espera da definitiva segunda ronda, a proposta de despenalización fará ás rusas máis vulnerables.
No noso país é impensable unha iniciativa parlamentaria dese cariz, e por suposto de ser o caso, uns resultados de votación similares. Mais a legalidade non é dabondo para rematar coa vulnerabilidade das vítimas. Sirva de exemplo o que está a acontecer nos xuicios rápidos, onde o dereito de defensa estase a cuestionar ultimamente.
Están as mulleres en condicións físicas e psíquicas adecuadas para afrontar o proceso? Ten a abogacía designada normalmente de oficio un tempo suficiente para o coñecemento real dos casos que van a defender?

Vulnerables

Te puede interesar