Voz

A convención dos dereitos da infancia é un tratado internacional das nacións unidas aprobado o 20/11/1989, e no que por primeira vez, se recoñece a nenos e nenas como axentes sociais, titulares activos dos seus propios dereitos. No seu artigo 12, recóllese a necesidade de darlles a oportunidade de ser escoitados en todos os procedementos sociais que lles afecten. O artigo 13 alude ao seu dereito á liberdade de expresión. No marco e desenvolvemento dos dous artigos anteriores, Unicef promove a realización de plenos municipais infantís. Unha actividade con fondo calado cívico e gran interés socioeducativo na que se constrúe cidadanía; coñecendo ás persoas e institucións locais que os representan, participando con voz e escoita interactiva as súas demandas de cambio do entorno no que conviven. Así o entenderon desta volta os equipos docentes de Cerdido, Moeche, San Sadurniño, As Pontes, Valdoviño e Cariño.
 

Voz

Te puede interesar