PRÓRROGA

Dende o ano 2011 a Consellería de Traballo desenvolveu cinco convocatorias de recoñecemento da experiencia para a obtención dos certificados de profesionalidade en varias disciplinas. Dos 3.817 participantes que obtiveron a validación, 1.181 foron do ámbito sociosanitario: axuda no fogar e institucións sociais. O 31 de decembro de 2015 é a data máxima prevista da esixencia da acreditación profesional nesta área. Ante as dúbidas de cantas persoas do sector non teñen esa cualificación en España, o pleno do consello territorial de servizos sociais e do sistema de autonomía e atención á dependencia, acordou constituir un grupo de traballo que analice a situación e tamén fixar un novo prazo para o requerimento da titulación. Estamos ante a crónica dunha prórroga anunciada dado que algunhas autonomías nin sequera iniciaron o proceso, e ademais cada día se suma máis persoal a este nicho laboral emerxente.

PRÓRROGA

Te puede interesar