Oportunidades

desigualdade de oportunidades educativas ten como causa fundamental as diferencias económicas entre familias. As becas e axudas ao estudo aseguran que a situación económica dunha familia non limite as posibilidades formativas de ningún estudiante. Son o mellor instrumento de igualación de oportunidades educativas e unha inversión productiva que non so equilibra rendas actuais senón que tamén axudan a igualar rendas futuras. Deben ser unha prioridade de todo goberno, especialmente dos autodenominados de “progreso”. En Cedeira chama a atención que nos dous últimos anos a pesar de ter orzamento consignado para tal fin, este non se executase coas pertinentes convocatorias públicas. Non sirve de excusa o trasvase de fondos a partidas de emerxencia social. Ambas son imprescindibles pero distintas, debendo ser dotadas e executadas de forma independente dacordo cun estudo de necesidades. 

Oportunidades

Te puede interesar