Noso

O patrimonio cultural non é so un legado do pasado, é tamén un recurso imprescindible para o noso futuro, dado o seu valor educativo e social, o seu considerable potencial económico, así como a súa importante dimensión en cooperación internacional. Con esas premisas o Parlamento e o Consello da Unión Europea aprobaron a decisión pola que se declara 2018 ano europeo do patrimonio cultural. Os seus obxectivos son o compromiso, valor, protección e innovación patrimonial. E as súas directrices o fomento do intercambio e a sensibilización acerca da historia e valores comúns.
Establece ademáis a necesidade vital de promover unha mellor comprensión e apreciación do seu patrimonio entre a infancia e a xuventude.
Dar a coñecer, descubrir, valorar, comprometer, motivar e implicar a nenos e xóvenes a coidar do patrimonio local, o de o pe da casa, é a millor maneira de conservar e promocionar o noso, o de todos.
 

Noso

Te puede interesar