• Sábado, 18 de Noviembre de 2017

 Deputación da Coruña celebrou o pasado outubro unhas xornadas

 Deputación da Coruña celebrou o pasado outubro unhas xornadas sobre servizos sociais e igualdade de xénero. Os seus obxectivos eran formar, analizare reflexionar sobre estas temáticas en xeral, partillar boas prácticas e detectar novas necesidades das entidades locais.
A merma da promoción de programas de servizos sociais e igualdade que está a provocar o Plan único do ente provincial foi unha das teimas principais que sairon á palestra. Neste 2017 os concellos con esta nova fórmula están investindo menos nesas áreas. A preocupación que xera esta evidencia tanto para o persoal técnico e político da propia Deputación coma de moitos concellos fixo xurdir algunha posible solución.A partir do 2019 un 25% do importe do plan único debe estar destinada a programas de servizos sociais e igualdade. Cumplir con esta proposta será vital se queremos construir uns concellos máis sociais, máis iguais.