EXPECTATIVAS

O pasado vinte de agosto rematouse o prazo de realización da enquisa promovida polo Colexio oficial de Traballo Social de Galicia (Cotsg) sobre a situación dos e das profesionais do traballo social na nosa comunidade autónoma. Na sondaxe recolleronse informacións individuais en diversas áreas: demográfica, formativa, laboral, contextual, relacionada coa profesión e tamén co propio  Cotsg. A finalidade do estudo é a de coñecer e publicar proximamente a realidade actual neste ámbito, punto de partida para a creación dun observatorio e o posterior deseño de novas estratexias de actuación e reinvidicación que rebunden nunha mellora da visión e das circunstancias xerais que rodean a este colectivo.
Quedaron na investigación algunhas cuestións importantes por plantexar, mais outros dos datos solicitados foron moi novedosos, creando expectativas sobre as conclusións finais totais da mostra. 

EXPECTATIVAS

Te puede interesar