Confesión

A vicepresidenta da Deputación da Coruña e responsable da área de cultura, Goretti Sanmartín, está a anunciar a saída no boletín oficial da provincia das bases de seis novas promocións para o ámbito cultural. Segundo as súas verbas, estes programas de axudas tentan a progresiva substitución das subvencións nominativas por liñas públicas e transparentes de concorrencia competitiva, seguindo criterios obxectivos de reparto dos orzamentos e eliminando a discrecionalidade anterior.
Ademáis nelas tamén desaparece o polémico concepto do “Interese provincial” e crease unha comisión de valoración técnica dos proxectos presentados.
A súa sinceridade hónraa. Agora só queda manter o rumbo iniciado e que algún representante desa administración pida publicamente perdón. Precisan disculparse ante todas as entidades prexudicadas conscientemente co famoso “concepto” simplemente por pensar diferente

Confesión

Te puede interesar