Arte-llando

O Grupo Traballo Social e Xénero é un órgano asesor do Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. Colabora no estudio ,análise, avaliación e seguimento das políticas e actuacións de xénero e tamén ten a función de programar e desenvolver accións formativas. A súa primeira proposta realizarase o vindeiro sábado 11 de marzo baixo o suxerente título: “Arte-llando igualdades participativas”. 
Unha xornada interdisciplinar, crítica, cooperativa e creativa para millorar a comunicación e entendemento de diversos profesionais do ámbito do social. O achegamento á perspectiva interseccional: xénero-migracións, violencia de xénero-menores, xénero-prisións, a celebración de mesas redondas e a  realización de obradoiros dinamizados a través do teatro, a música e a danza forman parte dun estimulante, atractivo e activo programa que aposta pola arte como relevante ferramenta na loita pola igualdade. 

Arte-llando

Te puede interesar