A diario

Na nosa área sanitaria existe unha porcentaxe importante de persoas diagnosticadas con algún trastorno mental que permanecen no seus domicilios sendo atendidos polos seus familiares. Invertir esta tendencia, chegar a todas as posibles persoas usuarias e ofertarlles os recursos que millor se adapten ás súas circunstancias esixe un maior compromiso de todos os sectores implicados na súa atención. É vital unha maior concienciación das familias e do persoal dos centros de saúde e dos servizos sociais, para informar, orientar e promover un primeiro paso de acercamento aos dispositivos asociativos rehabilitadores e asistenciais. É imprescindible un sistema de trasporte funcional e operativo dada a dispersión nas zonas rurais. É urxente a creación dunha residencia e un novo piso tutelado. É fundamental que recordemos e loitemos na millora destes déficits non so no día mundial da saúde mental. 

A diario

Te puede interesar