Vide ás festas

ue nunca chove a gusto de todos xa é sabido. Digo isto porque non faltan, senón que máis sobran, os agoreiros que con tal de desacreditar poñen polo chan o programa de festas de verán de Ferrol. Máis do mesmo, que se dí. Se son gratis, porque o cartel non convence; se hai que pagar, porque hai que pagar e, por último e non menos importante –que diría o pregoeiro– porque chove. Os nefandos é o que teñen, que xa tanto lles da se logo van ás festas e quedan contentos que si non van e, claro, tamén dín o que sexa con tal de desvirtualas. Para mín, o importante é que haxa festas, e que a xente nova e a vella teñan dabondo onde elixir, que creo que o hai. Así que xa saben: o mellor que se pode facer e tratar de pasalo ben. O resto deixémolo ós agoreiros de sempre e á súa particular “festa”.

Vide ás festas

Te puede interesar